Unha consultora que tamén dá formación. Un fisioterapeuta que vende cursos en liña. Unha tenda que ademais presta servizos. Moitos autónomos e pequenas empresas facturan baixo dous epígrafes do IAE, e cando chega o momento de pasar a facturación a un ERP xorde sempre a mesma dúbida: «texo que dar de alta o meu negocio dúas veces?». A resposta é non. Desta semana, o ERP de NAiOS permite levar varias actividades dentro dunha soa empresa, cada unha coa súa numeración, e sacar os libros e o trimestre desglosados como os quere a túa xestoría.
Por que dúas empresas é un erro
A tentación é lóxica: se a xestoría leva dúas numeracións, «fago dúas empresas e listo». Pero o NIF é un, o IVE é un e a cadea de Verifactu é unha. O modelo 303 preséntase por persoa, non por epígrafe, e duplicar a empresa no ERP significa duplicar clientes, duplicar gastos comúns e sumar a man dous resumos cada trimestre. O que si necesita a túa xestoría é o resultado de cada actividade, porque o 130 apóiase no que rendeu cada unha. É dicir: unha empresa, varias actividades, e que cada documento saiba a cal pertence.
Actividades: unha por epígrafe
En A miña empresa → Actividades das de alta cada actividade co seu epígrafe do IAE (777, 826…), o nome co que a verás en listaxes e informes e, se queres, a súa propia serie de facturas e de orzamentos. Unha delas é a principal: a que se precarga en cada documento e cada gasto novos. Se só tes unha actividade non notarás nada; o ERP compórtase coma sempre.

Desde ese momento cada orzamento, cada factura e cada gasto levan a súa actividade. A cambias no propio documento, tamén en facturas xa emitidas: a actividade é unha clasificación, non toca o número nin os totais nin a cadea de Verifactu. Ao converter un orzamento en factura, a actividade viaxa con el; nunha rectificativa, tamén.
A numeración que xa levabas
Quen vén dunha asesoría ou doutro programa adoita ter unha numeración en marcha por cada actividade, do tipo 2026/000005. Ao emitir, a actividade elixe a serie, así que cada epígrafe segue a súa propia correlación sen se mesturar. E cada serie ten o seu formato: o prefixo, o seguinte número e cantos dígitos leva. Se a tua última factura foi a 2026/000005, creas a serie con prefixo «2026/», seguinte número 6 e seis dígitos, e a primeira que emitas sae como 2026/000006. Se o prefixo remata nunha barra ou un guión, o número vai pegado; se non, sepárase con guión, como sempre.
Unha regra non cambia: unha serie nunca retrocede. Podes adelantar o seguinte número para continuar onde o disches, mais non volver atrás. É o que esixe a correlación sen ocos.
O que ve a túa asesoría
- En Documentos e en Gastos filtras por actividade, e en Informes elixes o eixe de actividade ou abres o informe Por actividade.
- O resumo trimestral amosa o desglose por actividade debaixo do consolidado. O 303 segue sendo un; o resultado por actividade é o que serve para o 130.
- Os libros de facturas emitidas e recibidas levan a columna Actividade ao final, sen mover as colummnas que a túa asesoría xa coñece.
- O anterior a crear as actividades queda «sen asignar», e Asignar o que está sen actividade o clasifica en bloque dunha vez.

Un exemplo: arrancar o 1 de outubro
Unha consultora factura consultoría baixo o 777 e formación baixo o 826, e ata agora a súa asesoría lle levaba dúas numeracións. Quere comezar en NAiOS co cuarto trimestre para que cada trimestre viva enteiro nun só sistema. Os pasos son catro: crear as dúas actividades, crear a serie de cada unha co seguinte número que lle toca e os dígitos que usaba, marcar a principal e, a partir do 1 de outubro, entrar facturas e gastos como sempre. O 31 de decembro descarga os libros coa columna de actividade e o trimestre desglosado, e chos pasa á asesoría tal cual.
O que non cambia
- Sen actividades, o ERP funciona exactamente igual que ata agora.
- A serie segue mandando no número e en Verifactu; a actividade só decide que serie toca.
- Unha empresa segue sendo un NIF. Se de verdade tes dúas sociedades, entón si son dúas empresas.
- Unha actividade que aínda non se usou pódese eliminar; se xa leva documentos, archívase e o clasificado conserva a súa actividade.
Empezar leva dez minutos
Abre o ERP, entra en Miña empresa → Actividades e crea a primeira co seu epígrafe. Ao crear a serie desde a propia actividade, pon o seguinte número e os díxitos que tiñas. Repite co segunda actividade, marca a principal e emite a seguinte factura. Se xa tiñas documentos deste ano, «Asignar o que está sen actividade» os coloca onde toca. E se facturas servizos recorrentes, as facturas que se preparen a partir de agora levan a actividade principal, e cámbiasa na propia factura se toca outra.






