QUE NOS MOVE
A IA non pode ser un terreo exclusivo das grandes corporacións. Se, de verdade, non queremos perder o tren do cambio que representa o paradigma da IA, é necesario construír solucións que faciliten o acceso a empresas de calquera tamaño.

IA REAL EN EMPRESAS REAIS
Unha das primeiras cousas que descubrimos é que integrar a IA nunha empresa é un proceso delicado que non se resolve con ferramentas plug & play. NAiOS nace como resposta a esta visión práctica e realista, cun servizo modular para que as empresas poidan gobernar a implantación da IA ao seu ritmo e coa súa capacidade de investimento.

PENSADO PARA A EMPRESA
O concepto "integrador" de NAiOS é moito máis que o nome dunha plataforma. É unha filosofía de traballo e unha forma de entender este proceso de adopción. O noso reto é identificar o que xa che fai distinto e converter esas vantaxes latentes en vantaxes reais. Desenvolver, medir o impacto e escalar con criterio. Sen refacer o teu stack. Sen engadir complexidade.

DE EXTREMO A EXTREMO
Por iso, desde as opcións máis básicas, NAiOS inclúe todas as ferramentas IA nun só provedor e unha soa factura, control de custos, chat multimodelo e a capacidade de evolucionar o teu proxecto con módulos de desenvolvemento adaptados á túa organización.

NOSOS LÍDERES
O equipo que lidera Netretina.Ai
NOSO EQUIPO
O noso equipo diamond máis valioso, os nosos colaboradores máis activos como Mónica, Pablo, Alicia, Laura, Daniela, Belén,... Máis de 45 profesionais senior full stack developers e xestores de conta ao seu servizo, totalmente escalable para integracións IA potentes Ai PMO on mind




