Asinar un contrato en 2026 segue parecéndose demasiado a 2006: imprimir, asinar, escanear, responder ao correo… ou pagar unha plataforma de sinatura que non sabe nada da tua empresa. NAiOS Firma é o sobre de sinatura electrónica de toda a plataforma NAiOS, e nace con dúas obsesións: que asinar sexa sen fricción para quen asina, e que as evidencias pesen para quen as necesita.
O sobre: un snapshot que non se toca
Envías un PDF, engades os firmantes —en orde, un tras outro, ou todos á vez— e Firma conxela un snapshot do documento coa súa pegada SHA-256. Ese é O documento que se asina: se alguén o cambia, a pegada cambia, e fai falla un sobre novo. Nunca hai «versión actualizada» sobre sinaturas xa postas — esa é unha liña vermella de deseño, non unha opción.
Asinar sen contas, sen apps, sen impresora
Cada firmante recibe a súa ligazón por correo. Abre a, ve o documento exactamente como se enviou, e para aceptar pide un código dun só uso que lle chega ao seu email — oito caracteres, caducidade curta, verificación en tempo constante. Escribe o e asina. Ou rexecta con motivo, que tamén queda rexistrado. Sen rexistrarse en ningures, sen instalar nada.
A acta encadeada: evidencias que pesen
Aquí está o corazón do módulo. Cada paso —a creación do sobre, cada sinatura co seu código verificado, a IP, o dispositivo e o momento exacto, cada rexeitamento, cada caducidade— rexistrase como un evento con pegada SHA-256 encadeada á do evento anterior. Alterar un só elo rompe todas as pegadas seguintes, e detectase. Ao pecharse o sobre xérase o acta en PDF cun código QR que leva á páxina pública de cotexo: calquera —un xuíz, un auditor, a outra parte— pode verificar que o acta é íntegra, coa cadea recalculada nese mesmo momento.
Honestidade de nivel
Isto é firma electrónica con acta de evidencias — o regulamento eIDAS admítirea como proba, e o peso probatorio dánllo as evidencias e a súa inalterabilidade. Non é sinatura calificada (QES), e nin a interface nin o acta din nunca o contrario: a honestidade de nivel está escrita no propio documento. Cando un cliente esixa QES, chegará o driver de proveedor cualificado. Mentres tanto, para os NDAs, contratos de servizos e aceptacións do día a día, as evidencias fan o traballo — e fanno verificables por calquera.
Os detalles que non se ven
Os sobres caducan sos cando pasa o prazo. Os asinantes despistados reciben recordatorios automáticos — e cada recordatorio rota a ligazón: a anterior deixa de valer. As ligazóns non se gardan en claro en ningún sitio (só a súa pegada), o código dun só uso consómese atomicamente, e xamais se pide nin se garda un documento de identidade: o acta é hash máis evidencias, e nada máis.
Transversal de nacemento
Firma non é unha illa: é unha capacidade de toda a suite. NAiOS Legal é o seu primeiro consumidor —botón «Enviar a firma» en cada expediente, e o acta volve soa como anexo ao completarse— e detrás visten RRHH (contratos laborais), o ERP (orzamentos aceptados) e Xestoría (autorizacións). Un sobre de firma só necesita a pegada dun documento: dalle igual de que módulo veña.
Dispoñible xa
NAiOS Firma está dispoñible en chat.naios.net: panel de sobres por empresa, envío desde Legal ou con calquera PDF, e cotexo público do acta. Asinar sen fricción, con evidencias que pesan.






