Escribir a un posible cliente segue sendo a forma máis directa de vender. O problema nunca foi escribir: foi facelo a escala sen converterse en spam, sen perder o fío cando alguén responde e sen meterse nun lío legal por enviar a quen non debías. NAiOS Campañas nace para resolver exactamente iso. É un módulo con dúas caras que comparten unha mesma regra: nada sae sen o teu consentimento e sen o de quen o recibe. Está dispoñible hoxe en todos os plans.
Dúas caras, un motor
A primeira cara son as secuencias: correos un a un, desde o teu propio buzón de NAiOS Mail, aos contactos dun segmento do teu CRM. Un primeiro correo, unha espera duns días, un segundo correo se non contestaron, unha chamada como tarefa. Cada mensaxe nace como borrador e sae só cando o aprobas, un a un ou por lotes. En canto alguén responde, a súa secuencia detense soa, a resposta entra na súa ficha e o contacto pasa a lead.
A segunda cara son as campañas: envíos masivos a listas onde ti declaraches o consentimento, con modelos de bloques coa túa marca, polo teu propio servidor de correo ou por Brevo ou Resend, con métricas de entregas, aperturas, clics, rebotes, queixas e baixas.
O que comparten é o importante: a lista de supresión do espazo. Quen se dá de baixa, rebota ou se queixa entra nela e ningún envío, de ningunha das dúas caras, a salta. Non se baleira desde a interface. Tampouco o fai a IA, nin unha ferramenta de chat, nin un axente.

O consentimento declárasno ti, e o sistema respétao
Campañas non adiviña a quen podes escribir. Decídeo o que declaraches no CRM para cada contacto, con catro bases posibles: consentimento expreso, cliente, contacto profesional un a un e ningún. As dúas primeiras abren secuencias e campañas; a terceira só secuencias; a cuarta, nada. «Non contactar» gaña a calquera base. A plataforma rexistra quen o declarou, cando e de onde saiu, para que poidas demostralo.
Iso significa que unha lista de empresas que recompilaches para prospección profesional pode recibir os teus correos persoais, un a un e coa túa sinatura, mais xamais un boletín masivo. E que o teu boletín só chegará a quen se apuntou ou xa é cliente. A distinción que marca a lei queda escrita no produto.
Ritmo humano, aínda que o mova unha máquina
As secuencias saen con límite por hora e por día por conta de correo, dentro dun horario laboral que elixes, con dispersión de segundos entre envíos e con dúas semanas de esquentamento cando estreas conta: os primeiros días saen poucos correos e o límite medra pouco a pouco. O teu dominio e a túa reputación son teus; o módulo coida deles como o faría alguén que escribe a man.
As campañas masivas, pola súa banda, non arrancan sen un transporte verificado. Con Brevo ou Resend hai que pulsar «Probar»; co teu propio servidor, o dominio do remitente necesita SPF e DMARC publicados. Sen dominio verificado non hai envío masivo, e punto.
Baixa nun clic, en todos os correos
Todo correo que sae de Campañas leva unha ligazón de saída e a cabeceira estándar que os xestores de correo entenden. Quen a pulsa non necesita iniciar sesión nin confirmar nada máis: entra na supresión do espazo e fica como «non contactar» no CRM. Nas campañas o pé coa razón social engádese sempre, aínda que se te olvide poñelo.

Un copilot que redacta, non que envía
Se o activas, a IA redacta o borrador de cada correo de secuencia coas instrucións que lle des, coa primeira liña á medida lendo a web da empresa e coa voz de marca que lixes desde o teu Coñecemento. O revisas, o cambias se queres e o aprobas. En campañas podes probar dous asuntos e deixar que gañe o que máis abren. E desde o chat ou un axente podes pedir o resumo da semana: cantos correos, cantas respostas, cantos borradores agardan.
Como comezar
- Conecta a túa conta en NAiOS Mail se aínda non o fixeches.
- No CRM, importa ou crea os teus contactos declarando a base de consentimento e garda un segmento.
- En Campañas, crea unha secuencia, inscribe o segmento e aproba os primeiros borradores.
- Para o masivo, crea unha lista con consentimento, configura o transporte e pulsa «Probar» antes de enviar.
Campañas apóiase no CRM e en NAiOS Mail, e levase ben con Forms (double opt-in), Office (exportar resultados), Tasks (as chamadas como tarefas) e Axentes (o resumo semanal). Se tes dubidas sobre que podes enviar e a quen, nos próximos días publicaremos unha guía sobre as bases de consentimento na prospección B2B. E se queres velo funcionar cos teus datos, fala connosco.






